lunes, 23 de septiembre de 2019

PISTAS DE SQUASH NO NOSO COLE!

A Federación Galega de Squash tróuxonos hoxe dúas pistas inchables que estiveron no cole durante toda a mañá.
Deste xeito, o noso alumnado achegouse a este deporte, para algúns descoñecido, descubrindo así unha actividade máis coa que ocupar o seu tempo de lecer.


Dende aquí dámoslles moitas grazas pola súa visita.