martes, 5 de noviembre de 2019

A NOSA FESTA DO SAMAGOSTO


O pasado mércores celebramos o Samagosto.
Co cole cheo de disfraces e a castañada, a diversión estivo asegurada, e tamén a emoción, co anuncio dos resultados dos concursos.

A todos os que participastes, grazas e a noraboa, porque tanto os debuxos coma as cabazas quedáronvos formidables!

Os corredores estaban cheos de cabazas, e foron tantos os debuxos que presentastes, que non nos cabían no mural.
Que difícil escoller aos ganadores!




No concurso de cabazas, os que levaron o premio foron os seguintes: 

Samara, de 1º B

Alba, de 2º A

Gustavo, de 3º D

Lino, de 4º C

Pablo, de 5º D

Gael, de 6º D


E estes foron os premiados nos concursos de debuxo:

Aroa, de 1º A


María, de 1º D


Sofía, de 2º B


Paula, de 2º C


Diego, de 3º A


Ainhoa, de 3º D

Carlota, de 3º C


Gabriel, de 3º C


Carmen, de 5º B

Noa, de 5º B

Sara e Alba, de 6º A

Laia e Victoria, de 6º C


Se queres ver todas as cabazas e máis fotos, pica aquí.