Aquí vos traemos este impresionante traballo realizado polos nenos e nenas de 5º C que, coa súa mestra, estiveron a traballar a figura dun dos persoeiros máis ilustres da nosa cultura: Afonso Daniel Rodríguez Castelao. Coincidindo coa conmemoración do 75 aniversario do seu pasamento, os nenos e nenas desta clase decidiron crear este fermoso vídeo para dar a coñecer a súa biografía.
Non perdades detalle porque dentro duns días teremos a continuación deste fermoso vídeo.
Agardamos que desfrutedes!