viernes, 9 de diciembre de 2016

BOAS NOVAS PARA VENTÍN

-  Ventín participou o pasado mes de outubro na Mesa de Educación do congreso de Profesionais de Psicoloxía Humanista e Análise Transaccional (APPHAT), cunha ponencia titulada A autonomía na resolución pacífica de conflitos. Pois ben, ademais de recibir moitos recoñecementos e parabéns polo tipo de traballo que facemos no colexio para mellorar a convivencia, os asistentes ao congreso outorgaron cos seus votos o Premio á Innovación á Mesa de Educación na que participamos.