viernes, 18 de noviembre de 2022

18 de novembro - Día do Pixama

O día 18 de novembro o noso alumnado e parte do profesorado asistiu ao centro en pixama para visibilizar a realidade que viven case 17.000 crianzas no país, que crecen en centros de acollida. 

O pixama simboliza os momentos en familia e a calor do fogar, cando as familias lles len un conto ás nenas e aos nenos antes de durmir. Un momento no que se senten persoas protexidas, arroupadas e seguras.