martes, 21 de mayo de 2024

Traballos Modo Galego 2ª Semana

 

Como vedes, seguimos moi activados co Modo Galego. Velaquí unha pequena mostra dos traballos que estamos a realizar nesta segunda semana de Programa de Compromiso Lingüístico.

O NOSO LUGAR FAVORITO DE AMES (5º A)

Nesta ocasión os nenos e nenas de 5º A nos falan dos seus lugares favoritos do Concello. Coincidiredes con eles/as?

Manu

 Derek

Ana


Borja

Clara

Inés


Isaías

Leire

Martina



Maya

Mencía

Noa

Ramón

Rubén 

O CONCELLO DE AMES (4º D)

Dende 4º D chéganos este fermoso vídeo que fala do noso Concello. De seguro que se o mirades ides aprender unha chea de cousas novas sobre o lugar onde vivimos!


POR QUE É IMPORTANTE A NOSA LINGUA? (3ºA)

Deixamos aquí as reflexións dos/as alumnos/as de 3º A sobre a importancia da nosa lingua. Escoitade con atención que merece a pena!



 

O RAP DE AMES (3ºD)

Dende 3º D nos deleitan esta semana cun fermoso Rap para que nos activemos e non esquezamos o noso compromiso co galego. Escoitade que ben o fan...

COA CHAVE DO GALEGO PALABRAS ATOPAMOS... (2º D)

As nenas e nenos de 2º D veñen de atopar unha chea de palabras fermosísimas en Galego. Ollade que vídeo tan bonito nos manda para esta segunda semana do Modo Galego, Actívao.

ROCK CON PAKOLAS!

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Ed. Primaria tivemos a sorte de poder bailar este venres a ritmo de rock coas cancións do gran Pakolas que nos visitou. Mirade que ben activado ten Pakolas o Modo Galego.

E que viva o rock galego!

FERMOSAS PALABRAS EN GALEGO (2º A)

Velaquí un vídeo que resume as palabras preferidas en galego das nenas e nenas de 2º A.

A BELEZA DA NOSA LINGUA (2º B)

Qué fermosísimo vídeo veñen de facer os nenos e nenas de 2º B. Nel poderedes ver cales son as súas palabras preferidas da nosa lingua.

Ollade que tamén as ilustraron! Parabéns, artistas!

 

TOPONIMIA DE BERTAMIRÁNS (3º B)

Presentamos agora un vídeo de Xoel (3º B) onde nos presenta a toponimia de Bertamiráns. Desfrutado do que nos conta que de seguro que ides aprender moito!

Parabéns Xoel!


AMES TEN LUGARES MOI ESPECIAIS (2º C)

Mirade que vídeo gravaron en 2º C para explicarnos cales son os seus lugares favoritos de Ames.

 


LUGARES FERMOSOS DE AMES (2º E)

Dende a clase de 2º E anímannos a visitar estes fermosos lugares do noso concello. Non perdades detalle das súas recomendacións.

 INVESTIGANDO OS NOSO TOPÓNIMOS (3º A)

Os/as de 3º A non pararon de traballar esta semana no Modo Galego. Agora nos amosan as súas investigacións sonbre algúns dos topónimos máis característicos do concello. Escoitade con atención...

Topónimo de Santiago por Pablo 3º A)

Topónimo de Milladoiro por Adela (3º A)

Topónimo de Ames por Carla (3º A)

ÁRBORE LINGUÍSTICA FAMILIAR (3º A)

En 3º A estiveron a investigar as raíces lingüísticas das súas familias. Cos resultados obtidos elaboraron candasúa árbore lingüística familiar. Ollade nestas imaxes que ben lles quedaron!

Parabéns!


FALA GALEGO (6º D)

Qué marabilla nos deixan nesta ocasión os nenos e nenas de 6º D! Vaia artistas! E que siga o Modo Galego Activado por moito tempo!

SE QUERES AMES... (4ºB)

Se queres Amar, Medrar, Escoitar, Sentir... Tes que vir ao colexio de Ventín!! O alumnado de 4º B pensou que non hai nada mellor en Ames que o seu colexio.

Noraboa polo seu traballo

ACTIVADOS NESTA SEGUNDA SEMANA!

Xa van 11 días e seguimos activados. O compromiso dos nosos cativos e cativas é tan forte que hoxe mesmo foron premiados/as coas pulseiras do "Modo Galego, Actívao". Mirade que contentos/as se lles ve...

1º A

 1º B

1º D

5º A

GALEGO OU CASTELÁN? 6º D

Dende 6º D invítannos a reflexionar sobre os usos do galego e do castelán nos ditintos ambientes. Desfrutade do vídeo porque non ten desperdicio.

Noraboa aos alumnos/as e á súa mestra!

1ª D DENDE O GROVE

De Milladoiro ata O Grove e se fai falta... Pasando pola China! As nenas e nenos de 1º D activan o galego por onde queira que vaian. Mirade que saudiño máis fermosos nos mandan...

 A BIBLIOTECA TAMÉN TEN O MODO GALEGO ACTIVADO!

Para mostra... este pequeno vídeo resumo das actividades realizadas por mor do Día das Letras Galegas.