martes, 3 de marzo de 2026

Un conto contado con moito corazón: Alexandra e Antía

Hoxe o noso blog énchese de maxia grazas a Alexandra e Antía, de 3º D. Estas dúas artistas prepararon un contacontos moi especial sobre a historia de "Como axudo a Antón?".

Cunha dozura que nos cautivou a todos e un entusiasmo contaxioso, as nosas "profes por un día" ensínannos o valor da axuda e da amizade. Non podedes perder o vídeo, porque ver a ilusión nas súas caras é, sen dúbida, o mellor do día.

Alexandra, Antía... ¡fixéstelo de marabilla! Grazas por regalarnos este momento tan agarimoso e por facernos gozar tanto coa vosa historia. Seguide contaxiando esa alegría!