domingo, 8 de marzo de 2026

Un mércores de moitas risas: "A toupiña que quería saber quen lle fixera iso na cabeza"

O pasado mércores, 4 de marzo, a nosa xornada de contacontos tivo un momento de gargalladas aseguradas. Nesta ocasión, contamos cun equipo de luxo formado por Daniela, Jessica, Enzo e Anthuan, que nos trouxeron un dos clásicos máis queridos por todos.

O conto elixido foi "A toupiña que quería saber quen lle fixera iso na cabeza", de Werner Holzwarth. Con moito humor e unha posta en escena xenial, este grupo de relatores levounos de investigación por todo o campo para descubrir ao culpable do "agasallo" que recibiu a pobre toupiña.

Premede no vídeo para ver como Daniela, Jessica, Enzo e Anthuan nos fan rir con esta historia tan escatolóxica e divertida:

Noraboa aos catro por esta interpretación tan animada! Grazas por facernos pasar un rato tan bo.