domingo, 15 de marzo de 2026

Un venres de conto na biblioteca: "As manoplas de Carapuchiña"

Para rematar esta intensa semana de lecturas, o pasado venres, 13 de marzo, visitáronnos na biblioteca Fiorella e Uxía, de 4º C. Elas foron as encargadas de darlle un xiro moi especial a un dos clásicos máis coñecidos por todos.

Presentáronnos o libro "As manoplas de Carapuchiña". Cunha narración moi doce e coordinada, Fiorella e Uxía contáronnos esta curiosa historia que nos ensina que ata nos contos de sempre poden aparecer sorpresas inesperadas. Foi o broche de ouro perfecto para os contacontos desta semana, deixando a todos os asistentes encantados coa súa interpretación.

Non vos perdades o vídeo final desta semana de contos con Fiorella e Uxía; podedes velo aquí:

 Moitas grazas, Fiorella e Uxía, por traernos esta versión tan abrigosa de Carapuchiña e por facelo tan ben!