A clase de 4º B recibiu esta semana a visita de Xulio Pardo, mestre da Universidade da Coruña, que ten traballado sobre o tema escollido polos nosos rapaces dentro do proxecto de centro: a relación entre a lenda arousana de "Mariña" con outras lendas europeas, do que vos falamos aquí fai uns días.
Unha maneira xenial de poñerlle final á actividade!
A Voz de Galicia tamén estivo alí para documentar o momento do encontro. Picade na imaxe para ler a nova.
