Hoxe foi, para os nosos rapaces, o derradeiro día deste curso.
Día de risos e de bágoas; de ledicia, pero tamén de certa tristura polas despedidas.
Hoxe despedímonos deles, pero nós non rematamos aínda.
Seguiremos aquí a próxima semana para amosarvos algunhas actividades máis destes últimos días, e como non, as fantásticas actuacións coas que hoxe lle puxemos punto final a este curso.
Agora, deixámosvos as recomendacións lectoras da biblioteca.
Lembrade ler un pouquiño este verán, ademais de descansar, xogar e pasalo xenial!
Tamén vos deixamos o boletín das bibliotecas da contorna de Ames, para que poidades saber máis das súas actividades.