A xanela de Ventín
Queredes saber o que acontece no noso cole? Mirade por esta xanela e poderédelo ver. Benvidos ao blog do CEP de Ventín!
domingo, 12 de octubre de 2025
lunes, 23 de junio de 2025
Xuntanza de 4º na carballeira "O agocho dos trasnos"
Velaquí unha pequena mostra gráfica desta preciosa saída realizada polo noso alumnado de 4º nivel.
Felices vacacións!
Diplomas aos mellores lectores e lectoras
Xa para finalizar o curso dende a biblioteca nos envían estas preciosas fotos da entrega de diplomas aos mellores lectores de cada aula.
Parabéns!!
viernes, 13 de junio de 2025
Traballos de 5º D sobre as máquinas
jueves, 12 de junio de 2025
Visita dos alumnos e alumnas de Ed. Infantil
Velaquí deixamo sunha pequena mostra das actividades realizadas dende a biblioteca para recibir aos pequenos e pequenas de Ed. Infantil na súa visita á escola o pasado venres.
Moitas gracias ás clñases de 2º C e 6º de Ed. Primaria por esta cálida acollida aos máis pequenos.
domingo, 8 de junio de 2025
Contacontos "Marta no da besos" (Daniela e Wiam -3º A)
Velaquí o derradeiro contacontos do curso. Neste caso Daniela e Wiam (3º A) nos presentan o seu libro "Marta no da besos" e pechan a cancela da biblioteca ata o próximo curso no que voltaremos con fantásticas lecturas.
Parabéns a todos vos polo grande traballo realizado.
Contacontos do libro "Alma"
O pasado mércores, Alba, Aitana e Melany de 3º nos presentaron este precioso libro. Parabéns polo seu traballo!!
miércoles, 4 de junio de 2025
Contacontos "Hasta que podamos abrazarnos"
Noa (3ºD) e Sara (1º D) preséntáronnos esta fermosa lectura o pasado martes 3 de xuño. Parabéns polo seu traballo!
Exposición de xoguetes (5º A)
Velaquí unha pequena mostra da exposición de xoguetes dos alumnos e alumnas de 5º A creados con materiais de refugallo.