Despois de días de moito misterio, pescudas entre os andeis, esforzo e, sobre todo, moitísima diversión, o gran xogo da biblioteca chegou á súa fin. Queremos felicitar a todos e cada un dos participantes polas ganas e o enxeño que demostraron, pero... ¡xa temos a listaxe oficial de premiados!
Estes son os nosos auténticos e auténticas cracks da biblioteca:
Cadro de honra dos grandes investigadores
Heloa (1º D): Demostrou que os máis pequenos do cole veñen pisando forte e teñen un ollo clínico para os retos.
Heloize (3º E): Unha participación magnífica que a converte na campioa absoluta do seu nivel.
Maryan, Mía e Natalia (Dobre premio!): Este espectacular equipo demostrou que o traballo en cooperativo dá uns froitos inmellorables... ¡tanto que conseguiron alzarse coa vitoria en dúas ocasións! Un aplauso por esa compenetración.
Un récord histórico na biblioteca!
Antía (2º D): O que fixo esta alumna de segundo é para quitarse o sombreiro. Non se conformou con gañar unha vez, nin dúas... ¡sinalouse un triplete histórico! Antía resolveu os desafíos e logrou levar o premio nunha, dúas e tres ocasións diferentes. ¡Unha auténtica lenda dos xogos de Ventín!
Que orgullo dá ver o ben que o pasades espremendo o cerebro e desfrutando de todo o que a biblioteca ten preparado para vós.
Queres ver o momento da entrega de premios e as caras de ledicia dos nosos campións? Velaquí tes o álbum de fotos cos gañadores:
Moitas grazas a todos por participar e parabéns aos premiados! Ide adestrando o enxeño, porque Tin xa está pensando en novos retos para o vindeiro curso!