Este pasado xoves 10 de maio, déronse a coñecer as obras ganadoras na décima edición do Certame Artístico-literartio Intercentros que se celebra cada ano no concello de Ames.
Querémoslle dar a noraboa aos autores e autoras das mesmas, e moi especialmente aos que son alumnos do noso CEP de Ventín:
Na 1ª categoría (alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria), o 2º premio foi para
Fabio Suárez González, de 4º D
pola súa obra "A lingua Galega"
Na mesma categoría, o 3º premio recibiuno
Xoel Lago, de 4º C
polo seu traballo "Oín a miña lingua"
E na 2ª categoría (alumnado de 5º e 6º de Primaria), o 1º premio foi para
Antía Somoza, de 5º C
pola súa obra "O galego"
Ademais, recibiu unha mención especial
Gael da Silva, de 4º B
pola súa creación "María Victoria Moreno"
A todos eles... parabéns!!!
Picade aquí para ver a nova completa.