lunes, 4 de junio de 2018

5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Cada ano celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente o 5 de xuño.

Deste xeito, faise fincapé na concienciación da importancia de coidar o noso planeta, neste momento no que a contaminación supón un problema tan importante.

Este ano, adícase á necesidade de acabar co uso de plásticos que son innecesarios (envoltorios dos que podemos prescindir, bolsas...), xa que o nivel de contaminación que producen é moi elevado.

Nós traémosvos unhas divertidas ideas para reciclar envases dándolles así un novo uso, e reducir a cantidade de lixo.
Picade nas imaxes que enlazan a elas.


                    https://www.pequeocio.com/5-manualidades-recicladas-con-botellas-plastico/             



                           



Lembrade que se cada un pon o seu granciño de area, podemos lograr moito no coidado do medioambiente.

Este é o noso:


Xogos do tres en raia 
Elaboramos o taboleiro con cartón e as fichas con tapas de botella que decoramos dándolle forma de diversos animais.




Marco para fotos
Con cartón construímos o marco, e decorámolo con casca de ovo pintada.