Este último trimestre tivo lugar unha gran batalla na carballeira do cole.
Alí foi onde se enfrontaron os rapaces de 4º B e de 5º A, empregando a palabra para derrotar aos seus opoñentes.
Tratábase de ver cales eran capaces de discurrir as rimas máis orixinais e divertidas, mediante a regueifa.
Deste xeito, eles e os compañeiros coñeceron esta tradición oral galega.
Velaquí algúns fragmentos da actividade.