miércoles, 10 de octubre de 2018

XOGAMOS AO WATERPOLO?

A semana pasada tivemos a sorte de coñecer un pouco máis un deporte tan divertido como é o waterpolo.
Foi da man de Xabier, o adestrador do Club Waterpolo Santiago, e de Cecilia, unha das súas xogadoras, que visitaron o noso cole.


Grazas a eles, puidemos ver o material que se emprega, saber que categorías hai, canto dura un partido, coñecer un pouco o reglamento e preguntar todo o que queriamos saber. 



Quedamos encantados de que estiveran con nós.
De parte do alumnado e das súas profes,
moitas grazas!