jueves, 29 de noviembre de 2018

A NOSA CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO

A semana pasada, celebramos o día contra a violencia de xénero.

Unha das actividades que fixemos, foi reunirnos e cantar de maneira conxunta a canción "La puerta violeta", de Rozalén.

Ademais, algúns compañeiros queren compartir con nós a interpretación que fixeron da mesma.

En primeiro lugar temos a Lesly, Dora, Carmen e Sarah, interpretando a canción en linguaxe de signos, coa colaboración de Iker, que gravou o vídeo. Todos eles son compañeiros de 4º A.




A continuación, temos a clase de 4º D cantando a canción e tamén interpretándoa en linguaxe de signos.





Para mostrar un pouquiño máis das actividades que levamos a cabo, deixámosvos estoutro vídeo.
Nel podemos ver a decoración das portas contra a violencia, e algunhas mensaxes mediante as que queremos  manifestar a nosa repulsa contra este problema que é a violencia contra as mulleres.