martes, 11 de diciembre de 2018

AS NOSAS MAQUETAS DO TEMPO

Indo polo corredor de 4º atopamos unha exposición con estas espectaculares maquetas.

Gustáronnos tanto que quixemos saber quen as fixera e amosárvolas aquí.

Resultou ser que no 4º nivel, estiveron a aprender cousas sobre o tempo atmosférico, e en relación con isto, o alumnado de 4º B, elaborou estes traballiños que lle quedaron tan ben.



Andrea representou un furacán e os seus efectos.


Brais Rodríguez elaborou este mapa do tempo.


Danny recreou a formación das nubes.


Marlyn preséntanos as capas da atmosfera e tamén os tipos de nubes.


Tamén Dai quixo representar as capas da atmosfera.


Alicia construiu esta paisaxe nevada.


De Marco é esta estación meteorolóxica.


E estoutra estación meteorolóxica está feita por Samuel.



Non sabemos cal é o que nos gusta máis!