jueves, 21 de febrero de 2019

VISITAMOS O MUPEGA!



A semana pasada, os nenos e nenas do terceiro nivel, visitamos o Mupega, en Santiago de Compostela.

A visita comenzou cun vídeo introdutorio das escolas dos nosos/as avós/as 
-vídeo que nos lembrou o documental "Unitarias", e que aproveitamos para recomendar aquí-.

Os nenos e as nenas coñeceron de primeira man como eran os espazos adicados ao ensino, non só en Galicia, senón tamén as escolas fundadas polos emigrantes galegos e galegas, quedando abraiados/as polo "pizarrín" e a súa funcionalidade.


A visita rematou poñendo en práctica a creatividade de obxectos cotiáns para darlle un uso lúdico, coma abelás ou esferas de barro.
Pasamos o resto da mañá no parque do Auditorio de Galicia, aproveitando as raiolas do sol.
Pasámolo pipa!

Deixámosvos aquí o enlace á páxina do Mupega onde publican a nosa visita.