O noso centro participou este curso no certame Superlíderes.
En concreto, fíxoo o alumnado de 4º A e D que cursa a área de Valores Sociais e Cívicos.
E ben satisfeitos deben de estar, non só polo estupendo traballo que desenvolveron ao longo do curso, senon tamén porque acadaron nada menos que catro premios!
Onte, varias alumnas e unha mestra expuxeron en Santiago os seus traballos, e malia que todas elas o fixeron xenial, as galardoadas foron as seguintes:
Iria, de 4º A
Gabriela, Celtia e Aroa de 4º D
Noraboa emprendedoras!!!
E noraboa tamén ao resto dos participantes por todo o aprendido!
Nestes enlaces podedes ver as novas e saber algo máis sobre o concurso:
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL