miércoles, 8 de mayo de 2019

VENTÍN NO CORRELINGUA 2019


Este luns, 6 de maio, parte do alumnado de 6º, 5º e 3º, fomos ao Correlingua, unha marcha a prol da lingua galega.



O lema deste ano é
"O galego é a fórmula"
para reivindicar o uso do galego nas ciencias.


Fixemos un percorrido pola parte vella de Santiago, berrando e cantando coplas coma esta:
"Hoxe vimos a Santiago
para defender o idioma,
pois a perda do galego
é moi grave, non é broma."

Cando rematamos o percorrido, houbo unha entrega de premios... 
e gañamos o 1º polos carteis presentados e máis pola animación!
Que ledicia!



Queremos agradecer o esforzo do mestre Quique, que nos fixo desfrutar desta estupenda iniciativa.


Este é un exemplo dos enxeñosos carteis que presentamos.
Picade nel para ver todos os demais.