miércoles, 5 de junio de 2019

5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, para facer fincapé na importancia que ten a conservación do medio para a vida na Terra.

Nos medios de comunicación, fálannos a diario do medio ambiente. 
Mágoa que case sempre sexa para dar malas noticias ou para lembrar a penosa situación na que se atopa hoxe en día: toneladas de plástico nos mares, aire irrespirable nalgunhas cidades, desxeo dos polos, incendios, tala e desaparición de bosques, desaparición de especies animais...

Que podemos facer nós para evitar que isto vaia a máis?

Os máis poderosos na loita contra a contaminación son, sen dúbida, os gobernos. Eles teñen nas súas mans desenvolver as leis necesarias para frear as emisións de gases e outros tipos de accións contaminantes arredor de todo o mundo.

Á rapaza que vedes máis abaixo, ocorréuselle que se podía manifestar diante do parlamento do seu país, Suecia. É Greta Thunberg, unha moza que en 2018 comezou a protestar así, para pedir que o seu goberno reducira as emisións de gases nocivos.
A súa protesta coñeceuse a nivel internacional, ela fíxose moi coñecida, e deu lugar a que moitos estudiantes de todo o mundo se manifesten en distintos lugares.



Pero non é preciso que todos fagamos cousas coma esta para evitar que a situación do medio ambiente empeore.
Cada un de nós pode facer moito se entede isto:


Non importa o pequena que sexa a nosa axuda, todo conta. Se sumamos moitas pequenas accións, o resultado será enorme!

Un exemplo:
Escribir polos dous lados dos folios, así non gastamos papel de xeito innecesario, e non se talarán tantas árbores.


Seguro que vós tedes moitas ideas máis. Compartide algunha con nós aquí abaixo.

Nós tamén queremos compartir a nosa.

Recoñecedes o lugar cheo de lixo que vedes nestas imaxes?





É o noso cole, e querémosvos pedir que en lugar de tirar o lixo ao chan, empreguedes as papeleiras.
É triste ver que cada día despois do recreo, os patios quedan cheos de residuos como envases varios e restos de comida.