Son moitos os mestres e mestras que participan no programa PIALE (Programa integral de aprendizaxe de linguas extranxeiras) da Consellería de Educación.
Durante o pasado
mes de novembro, Rocío, unha mestra de inglés do noso centro participou no
mesmo, realizando unha estadía dun mes
nun colexio público en Ottawa, capital de Canadá, e contámosvos aquí como foi.
A Consellería de
Educación pon en marcha este programa cada ano, no que participan 80 mestres/as
galegos/as cos obxectivos de que estes melloren as súas competencias na lingua
inglesa e coñezan de primeira man o sistema educativo canadense, considerado un
dos mellores do mundo, ao mesmo tempo que se integran na cultura canadense, para
unha mellor ensinanza do mesmo.
Grupo de mestres participantes no PIALE 2019
Ottawa é unha
cidade dun millón de habitantes, de estilo victoriano, que é coñecida polo seu
carácter acolledor de múltiples nacionalidades e culturas, característica que
se estende ao resto do país.
Edificios de Ottawa
O colexio no que a
mestra Rocío estivo de visitante, observadora e colaboradora, foi o Queen
Elizabeth Public School, un colexio de gran extensión no que un grupo 34 mestres/as recibe cada día a
300 alumnos e alumnas de diversas nacionalidades, culturas e relixións.
Recreo no enorme patio traseiro do colexio Elizabeth Queen
Trabállase duro
cada día nun cole con moitos espazos de distinto tipo para tratar de integrar a
todo o alumnado na cultura canadense, acadar o éxito educativo e atender as
necesidades de cada un dos alumnos e alumnas.
Clase na biblioteca, na que lles len
Clase para alumnado con autismo
Biblioteca do colexio
Aula para alumnado con deficiencias visuais
Autobús escolar
Se sentides
curiosidade por saber máis sobre o funcionamento dos coles canadenses e cultura
do país, así como curiosidades e anécdotas varias, podédelas ler aquí.
Que o desfrutedes!