Ben certo é que na tele hai programas cos que se aprende moito.
E se non que llelo pregunten aos rapaces de 6º B, que fixeron na clase unha adaptación do concurso "Ahora caigo", na que eles mesmos elaboraron as preguntas e logo llas plantexaron aos compañeiros.
Foi unha experiencia do máis proveitosa que contribuiu ao desenvolvemento de capacidades diversas, como a capacidade de expresar opinións e conceptos, de dialogar cos compañeiros para chegar a un acordo, de falar en público, de traballar en equipo para lograr un obxectivo común... Todo iso sen esquecer que tamén repasaron contidos das diferentes áreas.
Por se queredes ver algo da actividade, presentámosvos este vídeo resumo da mesma.