miércoles, 1 de abril de 2020

NOVAS PARA AS FAMILIAS: ABALAR MÓBIL PARA MANTERSE INFORMADOS



A transmisión de información entre colexio e familias é un aspecto clave durante todo o proceso de formación do alumnado.

Nestes momentos, nos que nos atopamos rematando o segundo trimestre nunha situación excepcional, sen poder asistir ao colexio, sabemos que, naturalmente, ás familias vos preocupan as cualificacións dos vosos fillos e fillas.

É por iso que queremos mencionar aquí a posibilidade de consultar esta información a través do teléfono móbil, mediante a aplicación que nos ofrece a Xunta de Galicia,

abalarMóbil.

Podedes saber máis sobre a mesma premendo aquí.

Aquí, podedes acceder a varias guías que vos explican o funcionamento da aplicación.


E por suposto, se tedes calquera dúbida, poñédevos en contacto co centro por calquera destas vías:

teléfono: 649 490 083

correo electrónico: cep.ventin@edu.xunta.gal