Estimadas familias,
tendo en conta as novas directrices dadas a este equipo docente, poñemos á vosa disposición os seguintes enderezos electrónicos para facilitar unha comunicación máis fluída entre os/as titores/as e as familias.
Rogariamos que á maior brevidade posible enviasen unha mensaxe ao enderezo electrónico da aula correspondente validando esta canle de comuncicación.
Os enderezos son os seguintes:
2º A: segundoaventin@gmail.com
2º B: segundobventin@gmail.com
2º C: segundocventin@gmail.com
2º D: segundodventin@gmail.com
Tamén instamos ás familias a descargar a aplicación de abalarMóbil para manterse informado das novas do cole e consultar as cualificacións do segundo trimestre, que se publicarán con brevidade.
Debemos ter en conta que as instrucións para o terceiro trimestre requiren a ampliación de contidos e a perceptiva avaliación, polo que será de grande utilidade o establecemento de canles de comunicación eficaces e fiables.
Entrementres o equipo docente baralla diversas opcións metodolóxicas que garantan a maior equidade posible nas fórmulas de "teleformación" requeridas.
Sen máis, reciban un cordial saúdo
os/as titores/as de 2º nivel