Estimadas familias:
Ante todo, esperamos que vos atopedes ben.
Despois da publicación da Consellería sobre as orientacións para o 3° trimestre do curso escolar (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30850), o profesorado de 3° quere transmitirvos tranquilidade ante esta situación que estamos vivindo e informar que seguiremos subindo actividades de repaso e reforzo das avaliacións anteriores na páxina web de terceiro.
Como non todas as familias contan cos mesmos medios, queremos facilitarvos o traballo cos nenos e nenas a través das seguintes opcións:
Realizar as actividades de repaso e reforzo propostas na web TerceiroMola e na Xanela de Ventín.
Utilizar os libros de texto e as libretas para facer as actividades finais de cada unidade das diferentes materias.
Combinar as dúas opcións anteriores.
En caso de non ter os anteriores recursos, recomendamos:
Practicar lectura diaria e comprensión e expresión escrita.
Ver programas educativos como O Sabedoiro ou EduClan.
Realizar operacións de sumas e restas con levadas, multiplicacións e divisións.
Moito ánimo e forza.
Un saúdo e moita saúde