domingo, 8 de marzo de 2026

Un xoves libre de etiquetas en 4º A: "Fóra etiquetas"

O pasado xoves, 5 de marzo, a nosa xornada de contacontos contou cunha mensaxe moi importante de mans de Lara, alumna de 4º A.

Lara presentounos o libro "Fóra etiquetas", de Lucía Serrano. Cunha lectura clara e moi segura, axudounos a reflexionar sobre como as palabras que nos poñen os demais ás veces non nos deixan ser quen somos en realidade. Grazas á súa narración, aprendemos que o mellor é ser un mesmo, sen etiquetas que nos limiten.

Premede no vídeo para escoitar a Lara e descubrir por que é tan importante quitarse as etiquetas de riba:

Noraboa, Lara! Grazas por compartir esta historia tan necesaria e por facelo tan ben.