sábado, 23 de mayo de 2026

A saga continúa: Iker e Alex presentan "A lenda de TIN 2. A lenda comeza de novo"

O pasado martes, 12 de maio, a expectación era máxima na nosa biblioteca. Tras o éxito das súas primeiras historias, Iker (3º E) e Alex (5º E) volveron á carga para presentarnos o seu agardado libro de autocreación: "A lenda de TIN 2. A lenda comeza de novo".

Cun público entregado e con moitas gañas de saber máis, este tándem de autores demostrou que a súa imaxinación non ten límites. Nesta nova entrega, os dous creadores souberon dar un xiro fantástico ás aventuras da nosa mascota, mantendo a intriga e o humor que tanto nos gustan.

A lectura compartida foi todo un éxito, deixando claro que a colaboración entre diferentes cursos dá uns froitos marabillosos e que a creatividade está desbordante no noso cole. ¡A lenda de Tin está máis viva que nunca!

Queres saber como comeza de novo esta gran aventura? Non te perdas o vídeo da presentación que fixeron Iker e Alex na biblioteca:

Moitas grazas, Iker e Alex, por seguir alimentando a maxia da nosa biblioteca coas vosas propias historias. Agardamos xa a terceira parte, artistas!