O pasado mércores, 13 de maio, a biblioteca encheuse de sensibilidade e moito sentimento grazas á visita de Nahia e Sofía, de 3º C. As dúas compañeiras agasalláronnos coa lectura do fermoso libro "Así es mi corazón", da autora Jo Witek.
Cunha lectura chea de dozura e gran complicidade, Nahia e Sofía fóronnos abrindo as ventás dese corazón protagonista que unhas veces está ledo, outras asustado, ás veces chora e outras está cheo de calma. Cunha posta en escena moi coidada, as alumnas de terceiro transmitiron á perfección como todos os sentimentos teñen cabida en nós e que o importante é saber recoñecelos.
Foi unha sesión preciosa que nos axudou a conectar coas nosas propias emocións nun ambiente de moita tranquilidade.
Queres descubrir como ruxen e cantan os latexos do corazón? Aquí tes o vídeo coa lectura que prepararon Nahia e Sofía:
Moitas grazas, Nahia e Sofía, por abrirnos o voso corazón e por facernos gozar da lectura dun xeito tan emotivo. Fixéstelo xenial!