viernes, 24 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019


Despois de festexar os Maios, chegoulle a quenda ás Letras Galegas.
Foi unha celebración ben completiña!

Para comezar, recibimos a visita da asociación cultural Retranqueiros.
Gustounos especialmente, porque dela forman parte nenos e nenas do noso centro.
Tendo en conta a obra de Antonio Fraguas, presentáronnos unha fermosísima colección de traxes galegos coa que lucían así de guapos, e explicáronnos moitas cousas sobre os mesmos. Picade na imaxe para ver máis fotos.


Ademais, tivemos a sorte de velos cantar e bailar. Ollade aquí abaixo o ben que o fixeron.

       




Por se nos soubera a pouco, escoitade a estoutros artistas!






Despois das actuacións, foi momento de facer mención aos galardoados deste curso nas diferentes actividades nas que participamos. Foron os seguintes:

As participantes no certame "Superlíderes", que xa vos presentamos.

Os participantes no Certame Literario Intercentros, dos que xa vos falamos e dos que axiña vos contaremos algo máis.

Os participantes no Correlingua, dos que tamén vos falamos.

E para rematar, os ganadores do noso "Gran Xogo das Superparellas", que vos presentamos agora.


Eles son Adrián e Inés, de 6º A, que formaron a parella "5mentarios"; Diego e Mario, de 6º C, a parella "Grecia?";  e Julia e Fátima, de 5º B, as "Supercerebrillas".


A nosa celebracón o día 16, rematou coa interpretación do Himno Galego por parte de varios rapaces, dos profes Quique e Pablo, e tamén de Javier, papá de Erik de 5º C, a quen lle agradecemos moito a súa colaboración.





Ademais desta conmemoración do día 16, realizamos estoutras actividades:

Por unha banda, estes comecocos de Antonio Fraguas.
Xogando con eles, podemos coñecer a súa vida dende o nacemento atas os derradeiros anos!



Por outra, a participación na iniciativa "Ames, vila poética. Camiños de versos", promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do concello, en colaboración cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos.



E ata un photocall onde vernos cos traxes galegos!