A semana pasada estivemos de celebracións. Non só festexamos as Letras Galegas, os Maios tamén tiveron a súa festa no noso cole!
Foi un festexo do máis colaborativo, xa que coa aportación de todos, construímos un maio e unha alfombra fantásticos.
Uns recolleron fiúncho, outros trouxeron laranxas e limóns, uns formaron cadeas de flores, outros trouxeron ovos... e todos, todos, elaboraron montóns de flores de papel coas que fixemos a nosa alfombra floral.
E non quedou aí a cousa.
Tamén houbo cancións relacionadas coa tradición dos Maios, entre elas, unhas coplas compostas entre todos, nas que cada nivel ten a súa estrofa.
Máis fotos aquí.