-
Ventín volveu emocionarse coa historia de Ghada.
Foi emocionante participar na
construción da película o curso pasado: unha historia tan dura e tan chea de
esperanza á vez, ser actores e actrices nunha película “de verdade”, … toda
unha experiencia!
No Festival de cine árabe Amal
celebrado recentemente en Santiago, proxectouse na sesión de clausura para o
público en xeral.
Como diciamos, foi
emocionante revivir aquela experiencia e escoitar os parabéns recibidos do
público asistente ao acto.