Mostrando entradas con la etiqueta conmemoracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conmemoracións. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de noviembre de 2020

POLOS DEREITOS DOS NENOS

Hoxe, 20 de novembro, para celebrar o

Día dos Dereitos dos Nenos,

o alumnado de 4º B comparte con nós un vídeo que podedes ver premendo

aquí.




lunes, 11 de mayo de 2020

CELEBRANDO OS MAIOS


O alumnado de 6º C celebrou os Maios... desde a casa!

Agardamos desfrutedes do seu traballo feito con moito agarimo para todos vós.

Premede na imaxe para velo.

Coplas creadas polos nenos e nenas de 6º C e
tema musical "Aí ven o Maio" de Mar Davila e Genma Lareo


Gustavo, de 3º tamén o quixo celebrar e compartir con nós. Premede na imaxe para escoitar as súas coplas.



Grazas a todos!!!

miércoles, 25 de marzo de 2020

MÁIS SOBRE POESÍA


Como prometemos o venres pasado, estamos aquí con máis actividades sobre a poesía.

Gustouvos "Galicia", de Manuel María? Pois hoxe presentámosvos algunhas máis das súas composicións.

Premede na imaxe para ler, escoitar e xogar.
Logo, lede máis abaixo para continuar coa nosa proposta.





Animádesvos a escribir unha poesía e enviárnola para publicar aquí?

O tema sobre o que facela, escollédelo vós, e o número de versos, tamén.
Escribídea nun folio e facede un debuxo relacionado con ela. Poñede tamén o voso nome (sen incluír os apelidos) e o curso no que estades.

Cando a teñades, pedídelle a un maior que lle faga unha foto (tamén a pode escanear, se o prefire) e nola mande por email a este enderezo:

ticsventin@gmail.com


Poder ver as poesías dos compañeiros e que eles viran as vosas, sería xenial!

Publicaremos todas as recibidas ata o día 1 de abril, incluído.



miércoles, 11 de marzo de 2020

SAQUEMOS A VENDA!


O colexio de Ventín, con motivo do Día Internacional da Muller 2020, quere transmitir unha importante mensaxe:
 todos, con independecia do noso xénero, podemos chegar a ser o que queiramos ser.

Esas profesións moitas veces consideradas "de homes", poden ser desempeñadas da mesma maneira por mulleres, se elas queren.

Saquemos a venda que nos impide velo, abramos os ollos, e cando as nenas o desexen, animémolas a facer realidade o seu soño de ser científicas, enxeñeiras, investigadoras...

Tratemos de formar e educar a nenas e nenos por igual.






viernes, 6 de marzo de 2020

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Dende o cole de Ventín, queremos deixar constancia da nosa loita pola igualdade entre homes e mulleres.
Coma cada día, pero especialmente este 8 de marzo, apoiamos a participación da muller na sociedade.





martes, 3 de marzo de 2020

CÚMPRENSE 183 ANOS DO NACEMENTO DE ROSALÍA


O venres 28 de febreiro celebrouse, na Casa da Cultura de Bertamiráns, unha gala homenaxe a Rosalía de Castro.
Nela participaron nenos e mestres do noso cole. 




Encantounos atoparnos alí con exalumnas de Ventín!


Os que asististes ao acto, tivestes a sorte de ver o ben que o fixeron, e os que non, podédelo ver agora.
Premede nas imaxes de abaixo e botádelle unha ollada aos vídeos.


Mencía
Gael

Sara
Uxía e Candela

Alba e Erik

Mestra Mara



Se queredes ver máis, aquí tedes a nova publicada polo concello de Ames.




martes, 11 de febrero de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA 2020


Grazas á ciencia e á aportación de grandes homes e mulleres ao longo da historia, desfrutamos de grandes tecnoloxías que nos facilitan a vida. 

E como ao longo dos tempos se deixou de lado o recoñecemento á labor das científicas e investigadoras, hoxe en día celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, para dar visibilidade á labor que realizaron e realizan neste ámbito.

Con motivo desta data, o día 9 deste mes presentouse na Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Sevilla
o cómic "Científicas: pasado, presente e futuro".

Aquí volo deixamos.

E se o queredes ler en formato impreso, pasade pola biblioteca do cole.