Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas

viernes, 7 de marzo de 2025

Entroido en Ventín (4º de Primaria)

 Velaquí un resumo da celebración do Entroido polas clases de 4º de Primaria.


 

sábado, 22 de febrero de 2025

Mandados do Meco

Un ano máis traémosvos os mandados do noso Meco para a vindeira semana.

Animádevos a disfrazarvos connosco!

 LUNS

 MARTES

 

MÉRCORES

XOVES

 

VENRES


 

 

 


viernes, 19 de febrero de 2021

DESPEDIDA DO ENTROIDO

Agora que rematamos coa celebración do Entroido, preparámosvos este xogo.
Con el despedímolo e lembramos con algunhas fotos o ben que o pasamos disfrazándonos!

Quen se anima a xogar?
 
Máis abaixo deixámosvos tamén un vídeo do alumnado de 4º B onde mostran o seu traballo en relación con esta festa.
 
 




viernes, 12 de febrero de 2021

OUTRA CELEBRACIÓN ESPECIAL

Aínda que o coronavirus nos deixou sen festival de Entroido, querémolo celebrar con vós.

Velaquí está o noso baile! Quen se quere unir?





NA BIBLIOTECA TAMÉN É TEMPO DE ENTROIDO!

Como vedes, a Tin tamén lle gusta moito disfrazarse. 

Para que coñezades un pouquiño máis o Entroido galego mentres vos divertides, déixavos aquí un par de recomendacións. Seguro que o pasaredes ben lendo estes libros tan entretidos! 

E non perdades de mirar o vídeo que ven máis abaixo, recitado polo alumnado de 6º A e 6º C!







miércoles, 10 de febrero de 2021

MANDADO DO MECO PARA XOVES E VENRES

 Con esta mensaxe para os dous próximos días, despídese de nós o Meco, desexándonos que o pasemos moooi ben, coidándonos moito, por suposto!

Ata o vindeiro curso, Meco!!!



viernes, 5 de febrero de 2021

BENVIDO, MECO!

 Está claro que ao Meco non hai quen o deteña!

Xa está aquí co seu mandado para o luns.

Lede con atención!



jueves, 4 de febrero de 2021

XOGOS ENMASCARADOS

 Que divertido é o Entroido!

Mágoa que este ano non o poidamos celebrar coma sempre. Lembrades que ben o pasabamos?

Hoxe traemos a catro amigos que están lembrando o seu último festival, e propóñennos un reto: que resolvades estas preguntas. Seredes capaces? 

Enviádenos as vosas respostas!


E para rematar, un pequeno xogo!

O que tedes que facer, é descubrir aos intrusos de cada grupo de disfraces.
Premede enriba deles para facelos desaparecer!




lunes, 2 de marzo de 2020

ENTROIDO 2020


Vaia artistas puidemos ver no noso festival de Entroido!
Os nosos rapaces fixeron uns bailes fantásticos, e cos vistosos disfraces que luciron, ofrecéronnos un espectáculo xenial!


 Aquí vos deixamos unhas cantas fotos. Premede na imaxe para velas.



E premendo nestoutra, tedes o vídeo do festival.



















miércoles, 19 de febrero de 2020

O MECO POÉTICO MANDA PARA O XOVES...


Con este mandado para o xoves, o Meco despídese ata o próximo curso.
Dende aquí querémoslle dicir que nos encataron as súas poesías, e a vós, lembrarvos o seguinte:

O venres 21 de febreiro, celebramos o Entroido no pavillón do Milladoiro. 
As portas abriranse para as familias arredor das 11:00, e o festival comezará ás 11:15.

Vídeo celebrar con nós!





martes, 18 de febrero de 2020

MANDADO DO MECO PARA O MÉRCORES E OS ENTROIDOS DE GALICIA


A semana pasada os compañeiros de 4º D convidáronnos a ver no corredor a súa exposición sobre os entroidos de Galicia, e ademais, tamén a quixeron presentar aquí, podédela ver máis abaixo do mandado do Meco. 
Estupendo traballo, rapaces!






Aquí está o gran mural que compuxeron coa investigación de cada un, e logo, podedes ver cada traballo de maneira individual. Picando sobre as imaxes, podedes ver os vídeos que elaboraron.







       






        










viernes, 14 de febrero de 2020

XA ESTÁN AQUÍ OS MANDADOS DO MECO!


Aquí está de novo o noso meco poético que nos trae o Entroido ao cole!
Benvido, meco!





lunes, 10 de febrero de 2020

lunes, 25 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019



Aquí están os agardados vídeos das actuacións deste pasado Entroido!

E se queredes ver as fotos, picade aquí.


1º nivel

 2º nivel

 
3º nivel

 
4º nivel

  
5º nivel

6º nivel


                    
                                 A árbore dos segredos


jueves, 28 de febrero de 2019

DERRADEIRO MANDADO DO MECO... POR ESTE ANO!


Remata a semana e con ela os mandados do Meco.

Seguro que reparastes en que as poesías que nos trouxo se asemellan a outras ben coñecidas de poetas galegos. Axiña volveremos falar delas.

Con esta de hoxe, despídese de nós ata o ano que vén.

Graciñas Meco, polas túas propostas e os teus poemas!

Deica a próxima!!!