Mostrando entradas con la etiqueta actividades TIC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividades TIC. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de febrero de 2021

DESPEDIDA DO ENTROIDO

Agora que rematamos coa celebración do Entroido, preparámosvos este xogo.
Con el despedímolo e lembramos con algunhas fotos o ben que o pasamos disfrazándonos!

Quen se anima a xogar?
 
Máis abaixo deixámosvos tamén un vídeo do alumnado de 4º B onde mostran o seu traballo en relación con esta festa.
 
 




jueves, 4 de febrero de 2021

XOGOS ENMASCARADOS

 Que divertido é o Entroido!

Mágoa que este ano non o poidamos celebrar coma sempre. Lembrades que ben o pasabamos?

Hoxe traemos a catro amigos que están lembrando o seu último festival, e propóñennos un reto: que resolvades estas preguntas. Seredes capaces? 

Enviádenos as vosas respostas!


E para rematar, un pequeno xogo!

O que tedes que facer, é descubrir aos intrusos de cada grupo de disfraces.
Premede enriba deles para facelos desaparecer!




jueves, 17 de diciembre de 2020

XOGOS DE NADAL

Neste mes do Nadal, chegan de novo os nosos xogos!

Tráenolos Papá Noel e son moi doados, seguro que os resolvedes!

Se o conseguides, enviádenos a resposta. Debaixo de cada xogo tedes un espazo para escribila, poñede tamén abaixo de todo o voso nome e curso e logo, premede en enviar.

miércoles, 10 de junio de 2020

DESCUBRE Á MULLER MISTERIOSA


Este xogo chegou á súa fin!

Despedímonos de vós coa solución ao derradeiro misterio e cos resultados:




O curso no que máis investigadores conseguiron resolver os misterios foi... 3º!

En segundo lugar quedaron os investigadores de 6º, e no terceiro posto, os de 4º.

Aínda así, houbo moitos participantes doutros cursos que o fixeron moi ben e conseguiron resolver a maioría dos misterios propostos.

Agradecémosvos a todos os que xogastes con nós a vosa participación e agardamos que o pasarades ben coa actividade!

Ata a próxima!!!


miércoles, 27 de mayo de 2020

DESCUBRE Á MULLER MISTERIOSA


Un novo misterio está xa aquí!

E atención, porque os investigadores de 3º seguen á cabeza en número de respostas acertadas.
Non vos despistedes os demais cursos!


Xa lestes as pistas? Entón, buscade entre estas de aquí abaixo á muller misteriosa.





E coma sempre, aquí está a solución ao misterio da semana pasada.


Fixádevos en que unha das instrucións do xogo é que busquedes á muller agochada entre as opcións que vos damos no Symbaloo.
Esta semana, varios investigadores enviastes o nome dunha muller que non aparece alí.

Non as puidemos dar por válidas por iso, e porque, aínda que esas mulleres que nomeastes xogaron un importante papel na chegada do home á Lúa, non cumprían todas as condicións indicadas nas pistas.


miércoles, 20 de mayo de 2020

DESCUBRE Á MULLER MISTERIOSA


Investigadores, tedes aquí un novo misterio que resolver!

Estades facendo un moi bo traballo, e ímosvos adiantar que
os que máis acertaron por agora foron...
os investigadores de 3º!

Parabéns para eles!!!

Animádevos a participar!  Quen será esta muller?





Mirade as pistas detrás dos interrogantes, buscádea entre todas estas e escribide a solución máis abaixo.




E aquí vos deixamos a solución da muller misteriosa da semana pasada.



miércoles, 13 de mayo de 2020

DESCUBRE Á MULLER MISTERIOSA


Novo reto para os nosos xeniais investigadores!
A por el!

Queredes xogar e aínda non sabedes como? Premede aquí.

E máis abaixo, a solución ao misterio da semana pasada.










miércoles, 6 de mayo de 2020

DESCUBRE Á MULLER MISTERIOSA


Que bos investigadores temos no cole!
Fostes moitos os que descubristes á muller misteriosa do xoves.
Hoxe traémosvos a solución, premede nela para vela.

E máis abaixo está a nosa muller misteriosa de hoxe!



Por se alguén se despistou, lembramos que o xogo consiste en averiguar quen é a muller agochada.
Lede as pistas que hai detrás das interrogacións. Logo baixade un pouquiño e buscádea entre as mulleres que vos presentamos.

Para buscar máis fácilmente, fixádevos ben na pista que di se está relacionada co mundo do deporte, das artes, das ciencias ou da política e sociedade.

Non esquezades enviarnos a solución!





jueves, 30 de abril de 2020

DESCUBRE Á MULLER MISTERIOSA


Iniciamos novo xogo!

Está relacionado co  proxecto de centro deste curso, "Mulleres na historia", co que lle queremos dar recoñecemento a esas mulleres que non o tiveron no seu momento.

Podedes participar todos, ainda que os máis pequenos precisaredes algo de axuda.

Trátase de descubrir quen é a muller agochada. 

Lede as pistas detrás das interrogacións, fixándovos en se destacou no mundo do deporte, das artes, das ciencias, ou da política e sociedade, e logo buscádea máis abaixo.

Cando a atopedes, escribide a solución e enviádenola.

Seredes vos detectives? Comprobádeo!

O próximo mércores, daremos a solución e presentaremos á seguinte muller misteriosa.





miércoles, 25 de marzo de 2020

MÁIS SOBRE POESÍA


Como prometemos o venres pasado, estamos aquí con máis actividades sobre a poesía.

Gustouvos "Galicia", de Manuel María? Pois hoxe presentámosvos algunhas máis das súas composicións.

Premede na imaxe para ler, escoitar e xogar.
Logo, lede máis abaixo para continuar coa nosa proposta.





Animádesvos a escribir unha poesía e enviárnola para publicar aquí?

O tema sobre o que facela, escollédelo vós, e o número de versos, tamén.
Escribídea nun folio e facede un debuxo relacionado con ela. Poñede tamén o voso nome (sen incluír os apelidos) e o curso no que estades.

Cando a teñades, pedídelle a un maior que lle faga unha foto (tamén a pode escanear, se o prefire) e nola mande por email a este enderezo:

ticsventin@gmail.com


Poder ver as poesías dos compañeiros e que eles viran as vosas, sería xenial!

Publicaremos todas as recibidas ata o día 1 de abril, incluído.



viernes, 20 de marzo de 2020

21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA


O inicio da primavera acaba de chegar!
E vén seguido de preto polo Día Mundial da Poesía, que se celebra mañá.

Con este motivo, presentámosvos esta actividade que nos lembra o Entroido e o noso Meco poético, que como xa sabedes, creou unha chea de poemas a partir de outros de autores galegos ben coñecidos.

O que vos pedimos é que descubrades a cal destas poesías se parece cada mandado do Meco.

Premede nos enlaces de aquí abaixo para ver os mandados, lede as poesías que vos presentamos, e contestade.


Desfrutade da actividade e estade atentos, moi pronto vos traeremos algo máis de poesía!



MANDADOS DO MECO PARA CADA DÍA

luns         martes        mércores         xoves












lunes, 16 de diciembre de 2019

lunes, 2 de diciembre de 2019

PASATEMPOS DE NADAL

Acabamos de entrar en decembro, e xa o ambiente de Nadal inunda todo ao noso arredor. Aquí tamén o deixamos entrar, propoñéndovos estas actividades.

Comezamos con dúas das panxoliñas tradicionais máis coñecidas, que podedes escoitar aquí abaixo:
"La Marimorena" e "Los peces en el río".

O reno Rodolfo, preséntavos unhas frases de cada unha delas, pero desordenáronselle as palabras.
O que tedes que facer é ordenalas e escribilas.

E despois das panxoliñas, seredes quen de atopar na sopa de letras seis palabras relacionadas co Nadal?
Poden estar en horizontal, vertical, ou diagonal.


Animádevos a participar, e despois de escribir todas as respostas, non esquezades poñer o voso nome e curso para que saibamos quen sodes.



                  La Marimorena                                 Los peces en el río


miércoles, 5 de junio de 2019

5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, para facer fincapé na importancia que ten a conservación do medio para a vida na Terra.

Nos medios de comunicación, fálannos a diario do medio ambiente. 
Mágoa que case sempre sexa para dar malas noticias ou para lembrar a penosa situación na que se atopa hoxe en día: toneladas de plástico nos mares, aire irrespirable nalgunhas cidades, desxeo dos polos, incendios, tala e desaparición de bosques, desaparición de especies animais...

Que podemos facer nós para evitar que isto vaia a máis?

Os máis poderosos na loita contra a contaminación son, sen dúbida, os gobernos. Eles teñen nas súas mans desenvolver as leis necesarias para frear as emisións de gases e outros tipos de accións contaminantes arredor de todo o mundo.

Á rapaza que vedes máis abaixo, ocorréuselle que se podía manifestar diante do parlamento do seu país, Suecia. É Greta Thunberg, unha moza que en 2018 comezou a protestar así, para pedir que o seu goberno reducira as emisións de gases nocivos.
A súa protesta coñeceuse a nivel internacional, ela fíxose moi coñecida, e deu lugar a que moitos estudiantes de todo o mundo se manifesten en distintos lugares.



Pero non é preciso que todos fagamos cousas coma esta para evitar que a situación do medio ambiente empeore.
Cada un de nós pode facer moito se entede isto:


Non importa o pequena que sexa a nosa axuda, todo conta. Se sumamos moitas pequenas accións, o resultado será enorme!

Un exemplo:
Escribir polos dous lados dos folios, así non gastamos papel de xeito innecesario, e non se talarán tantas árbores.


Seguro que vós tedes moitas ideas máis. Compartide algunha con nós aquí abaixo.

Nós tamén queremos compartir a nosa.

Recoñecedes o lugar cheo de lixo que vedes nestas imaxes?





É o noso cole, e querémosvos pedir que en lugar de tirar o lixo ao chan, empreguedes as papeleiras.
É triste ver que cada día despois do recreo, os patios quedan cheos de residuos como envases varios e restos de comida.

viernes, 24 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019


Despois de festexar os Maios, chegoulle a quenda ás Letras Galegas.
Foi unha celebración ben completiña!

Para comezar, recibimos a visita da asociación cultural Retranqueiros.
Gustounos especialmente, porque dela forman parte nenos e nenas do noso centro.
Tendo en conta a obra de Antonio Fraguas, presentáronnos unha fermosísima colección de traxes galegos coa que lucían así de guapos, e explicáronnos moitas cousas sobre os mesmos. Picade na imaxe para ver máis fotos.


Ademais, tivemos a sorte de velos cantar e bailar. Ollade aquí abaixo o ben que o fixeron.

       




Por se nos soubera a pouco, escoitade a estoutros artistas!






Despois das actuacións, foi momento de facer mención aos galardoados deste curso nas diferentes actividades nas que participamos. Foron os seguintes:

As participantes no certame "Superlíderes", que xa vos presentamos.

Os participantes no Certame Literario Intercentros, dos que xa vos falamos e dos que axiña vos contaremos algo máis.

Os participantes no Correlingua, dos que tamén vos falamos.

E para rematar, os ganadores do noso "Gran Xogo das Superparellas", que vos presentamos agora.


Eles son Adrián e Inés, de 6º A, que formaron a parella "5mentarios"; Diego e Mario, de 6º C, a parella "Grecia?";  e Julia e Fátima, de 5º B, as "Supercerebrillas".


A nosa celebracón o día 16, rematou coa interpretación do Himno Galego por parte de varios rapaces, dos profes Quique e Pablo, e tamén de Javier, papá de Erik de 5º C, a quen lle agradecemos moito a súa colaboración.





Ademais desta conmemoración do día 16, realizamos estoutras actividades:

Por unha banda, estes comecocos de Antonio Fraguas.
Xogando con eles, podemos coñecer a súa vida dende o nacemento atas os derradeiros anos!



Por outra, a participación na iniciativa "Ames, vila poética. Camiños de versos", promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do concello, en colaboración cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos.



E ata un photocall onde vernos cos traxes galegos!



jueves, 16 de mayo de 2019

POLAS LETRAS GALEGAS LEMBRAMOS O ENTROIDO!


Malia estarmos en maio, imos recordar este pasado Entroido. 
Lembrades que poético estaba o Meco? Propúxonos os mandados con un poema para cada día!

Eran poemas que el creou a partir destes que temos aquí: cinco poesías de coñecidos autores galegos.
Varias delas foron compostas para defender o uso da nosa lingua, así que nos veñen moi ben nesta semana das Letras Galegas.

O que tedes que facer vós é averiguar a cal destas poesías se parece cada mandado do Meco. 

Picade nos días da semana para ver os mandados, fixádevos nas poesías para ver a cal se parecen, e logo contestade.


MANDADOS DO MECO PARA CADA DÍA

luns     martes     mércores     xoves       venres



POESÍAS




































































martes, 14 de mayo de 2019

GRAN XOGO DAS SUPERPARELLAS: SOLUCIÓNS DO DESAFÍO Nº 5 E DESPEDIDA


Con este quinto desafío, o Gran Xogo das Superparellas chegou á súa fin por este curso!

Coma sempre, podedes consultar aquí as solucións para aclarar dúbidas, se as tedes.

Na entrada están xa os resultados finais!

Noraboa aos que obtiveron máis puntos, aínda que eles non son os únicos que ganaron, pois seguro que a resolución das tarefas vos fixo pasar bos momentos cos vosos amigos, compartindo coñecementos e discurrindo xuntos.

Moitas grazas a todos os que participastes!



O valor das respostas é o seguinte:

Preguntas referidas ao número de músculos e ósos: 10 puntos cada unha.*

Formación de palabras e clasificación: 5 puntos cada unha.



























* Queremos mencionar que o número de músculos que se considera que temos, pode variar segundo a fonte consultada.

Neste caso, a actividade pedía mirar o vídeo antes de contestar ás preguntas.

Se consultastes outra fonte de información e destes unha resposta diferente da anterior, considerámola válida, aínda  a puntuación é inferior (5 puntos no lugar de 10), xa que a visualización do vídeo formaba parte da proba.

lunes, 29 de abril de 2019

GRAN XOGO DAS SUPERPARELLAS: DESAFIO Nº 5


Un novo desafío acaba de chegar!



Esta vez vai de educación física.

Picade na imaxe superior e botádelle unha ollada ao vídeo que vos presentamos.
 Logo, respondede ás preguntas.

Tedes de prazo ata o 12 de maio.


miércoles, 24 de abril de 2019

XOGAS COAS NOSAS PERSONAXES?


 Como o noso proxecto de centro xira en torno aos contos populares, seguimos tendo, coma o curso pasado, moitas personaxes de conto por aquí.
Só hai que dar unha voltiña polos corredores ou polas aulas para velos.

E de novo, queren xogar con vós a través do noso blog!


miércoles, 27 de marzo de 2019

GRAN XOGO DAS SUPERPARELLAS. SOLUCIÓNS DO DESAFÍO Nº 4.


 Superparellas, como vos foi o cuarto desafío?
Agardamos que vos saíra xenial!


A puntuación outorgouse da seguinte maneira:

Clasificación de palabras: 2 puntos por cada palabra ben clasificada.
Pregunta: 10 puntos.


A solución da clasificación de palabras é esta:


E aquí está a pregunta que vos pediamos: