Mostrando entradas con la etiqueta novas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta novas. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de junio de 2021

ENTREGA DE PREMIOS

 Xa hai uns días que felicitamos aquí a Carolina, de 3º A, por ser premiada no Certame de Microrrelato CSIF-ENSINO Letras Galegas.

Hoxe presentámosvos o seu relato para que todos poidades desfrutar del, e deixámosvos as fotos da entrega do premio.

De novo, parabéns polo teu estupendo traballo, Carolina!





viernes, 21 de mayo de 2021

BOLBORETA

 Hoxe felicitamos a Carolina, de 3º A, polo seu premio obtido neste certame de microrrelatos!

Ela participou creando un texto que titulou "Darío a diario", e acadou con el o 1º premio na categoría de Educación Primaria.

Parabéns, Carolina!


miércoles, 3 de marzo de 2021

SAÍMOS EN RADIO AMES!

Parte do alumnado premiado

no "I Certame Ilustrado Rosalía de Castro",

participou no programa "Somos Ames",

presentado por Juan Luis Silva en Radio Ames.

 


martes, 15 de diciembre de 2020

AGRADECEMENTO AO CONCELLO

 Fai xa unhas semanas que felicitamos aquí ao alumnado de 6º E polo seu resultado no Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero, convocado pola Xunta de Galicia.

O pasado xoves 3 de decembro, o Concello de Ames, recibuiunos para darlles un agasallo estupendo por ser os premiados o 25 N.

Levaron unha sorpresa inmensa porque o seu lema estaba impreso nunhas bolsas e axendas estupendas.

Queren agradecer ao noso concello esta decicación e implicación no noso traballo.

Ese día tamén foron entrevistados por Radio Ames. Foi moi divertido!!! 

Seguen traballando...


 Para escoitar a entrevista, premede aquí.


jueves, 26 de noviembre de 2020

PARABÉNS PARA 6º E!

Moitísimos parabéns para a clase de 6º E 

polo 2º premio de 

LEMAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO,

convocado pola Xunta de Galicia, co motivo do 25 de novembro, DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO, e que ganaron co seu lema

"Se me controlas non me molas".

Lembrade que cada un de vós conta: Xiana, Yeilli, Aarón C, Ariadna, Dai, Tiago, Iker, Aitana, Sonia, Aarón M, Elías, Diego, Yago, Aroa, Brais, Iván, Xoel, Ramón e Ainhoa.


Logo de traballar varias semanas con diferentes lemas, tiñan claro o que querían significar. Expresaron que o máis iportante para eles é o tema do "control" e xogaron con esa palabra e coa "mirilla" dunha porta que representa esa mirada constante á que están sometidas as mulleres que sofren violencia de xénero.

Desbotaron outros lemas por ser moi longos e xogaron coa linguaxe para rematar collendo unha palabra que rimase, que non fose moi longa e que representase a súa idade. Tras votación democrática, elexiron "mola".

Agora tocaba darlle a ese lema “Se me controlas non me molas” , un sentido cunha imaxe que axudase a identificar máis o significado. Para relacionalo co tema do control, elexiron o ollo que, ademais, incrementa a sensación de control porque é a mirilla da porta por onde a muller se sinte observada, xulgada etc.; e a porta para representar algo infranqueable, que non pode nin debe acontecer, que non debe abrirse. E velaquí o resultado!



martes, 23 de junio de 2020

DESFRUTA DO RURAL: RESOLUCIÓN DO CONCURSO


Que gusto traervos novas coma esta!

Lembrades o concurso "Desfruta do rural" no que vos propuxemos participar desde aquí?
Pois houbo gañadoras do noso cole!

Elas son Suevia, de 2º C; Celtia, de 5º C, e unha vez máis, Mencía, de 4º B!

En hora boa ás tres!!!

Premendo aquí, podedes ver os seus fantásticos vídeos e as categorías nas que obtiveron premio.


jueves, 18 de junio de 2020

INSTRUCIÓNS EN RELACIÓN CO MATERIAL DO ALUMNADO


RECOLLIDA DO MATERIAL QUE QUEDOU NAS AULAS

Alumnado de 1º, 3º e 5º: non ten que recoller nada. Queda na mesma aula para o vindeiro curso.

Alumnado de 2º e 4º: pode vir a recollelo a partir do día 23, vindeiro martes, en horario de 9:00 a 14:00 h. 
As familias de 4º, poden aproveitar para devolver os libros de texto que teña o alumnado nas súas casas.


DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º: ten que devolver os libros de texto do fondo solidario tamén a partir do día 23. É imprescindible a devolución destes libros para que poidan acceder ás axudas ás que poideran ter dereito.
Poden facer doazón ao centro daqueles libros propios para que poidan ser empregados por outro alumnado.


DEVOLUCIÓN DE ORDENADORES

O alumnado que está utilizando ordenadores do centro ten que proceder á súa devolución antes do día 30 de xuño.


Grazas!


AVISO PARA AS FAMILIAS DE NOVA MATRÍCULA NO COLEXIO


Informámoslles de que
o alumnado proveniente da Escola de Infantil do Milladoiro e as novas incorporacións,
deben entregar no colexio
o Impreso de Formalización de Matrícula 
entre os días 1 e 10 de xullo.


lunes, 8 de junio de 2020

UN POEMA NA TÚA VOZ: RESOLUCIÓN DO CONCURSO


Hoxe temos unha nova fantástica!

Xa foi comunicada a resolución do concurso de lectura poética "Un poema na túa voz", convocado por GÁLIX con ocasión do Día Internacional do Libro Infantil.

Foi un concurso que contou con máis de 100 poemas gravados nas voces de rapazas e rapaces das catro provincias galegas, e  temos unha gañadora no noso cole!!!

Ela é Mencía, de 4º B, que resultou vencedora na
categoría de LECTOR AVANZADO.

Parabéns, Mencía!!!

Deixámosvos a ligazón para que poidades escoitala. Premede na imaxe. 

http://www.galix.org/2020/06/resolucion-do-concurso-un-poema-na-tua.html?m=1

miércoles, 27 de mayo de 2020

CONCURSO "DESFRUTA DO RURAL"


Este concurso de vídeo é unha das actividades que tiñamos previsto realizar desde o cole neste curso que resultou ser tan diferente.

Como pensamos que vos pode interesar, aquí vos deixamos a información.

Sorte aos que participedes!!!


miércoles, 20 de mayo de 2020

AVISO IMPORTANTE


O centro permanecerá pechado mañá e pasado mañá, días 21 e 22 de maio de 2020,
por ser días non lectivos coincidentes coa celebración da Ascensión.

Estaremos alí de novo o luns 25 de maio.


viernes, 15 de mayo de 2020

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO QUE VÉN DA ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL




Obteñan aquí abaixo o impreso para a recollida de datos familiares.



jueves, 14 de mayo de 2020

INFORMACIÓNS VARIAS PARA TODOS




Obteñan aquí abaixo o impreso para a recollida de datos familiares.




viernes, 8 de mayo de 2020

MATRÍCULA DO ALUMNADO DE 6º PARA O CURSO 2020/2021



ATENCIÓN FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º:
MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO 2020-2021

O alumnado que ten reserva no IES MIlladoiro, non ten que facer nada ata o mes de xullo. 
Do 1 ao 10 de xullo, terá que confirmar a matrícula. 




O alumnado que se quere matricular noutro instituto, do 11 ao 18 de maio, ten que facer a solicitude de admisión. 
Despois, no mes de xullo (do día 1 ao 10), terá que confirmar a matrícula.


ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021


Está aberto o período de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2020/2021.

Prazo de solicitude: dende o día 11 ao 18 de maio de 2020.

Horario: de 9:00  a 14:00 h., de luns a venres.


Premede aquí para ver máis información.

miércoles, 1 de abril de 2020

NOVAS PARA AS FAMILIAS: ABALAR MÓBIL PARA MANTERSE INFORMADOS



A transmisión de información entre colexio e familias é un aspecto clave durante todo o proceso de formación do alumnado.

Nestes momentos, nos que nos atopamos rematando o segundo trimestre nunha situación excepcional, sen poder asistir ao colexio, sabemos que, naturalmente, ás familias vos preocupan as cualificacións dos vosos fillos e fillas.

É por iso que queremos mencionar aquí a posibilidade de consultar esta información a través do teléfono móbil, mediante a aplicación que nos ofrece a Xunta de Galicia,

abalarMóbil.

Podedes saber máis sobre a mesma premendo aquí.

Aquí, podedes acceder a varias guías que vos explican o funcionamento da aplicación.


E por suposto, se tedes calquera dúbida, poñédevos en contacto co centro por calquera destas vías:

teléfono: 649 490 083

correo electrónico: cep.ventin@edu.xunta.gal



martes, 31 de marzo de 2020

UN POEMA NA TÚA VOZ


Presentámosvos aquí información sobre este concurso de poesía no que podedes participar desde as vosas casas.

Se vos animades, premede na imaxe para saber máis.



martes, 3 de marzo de 2020

CÚMPRENSE 183 ANOS DO NACEMENTO DE ROSALÍA


O venres 28 de febreiro celebrouse, na Casa da Cultura de Bertamiráns, unha gala homenaxe a Rosalía de Castro.
Nela participaron nenos e mestres do noso cole. 




Encantounos atoparnos alí con exalumnas de Ventín!


Os que asististes ao acto, tivestes a sorte de ver o ben que o fixeron, e os que non, podédelo ver agora.
Premede nas imaxes de abaixo e botádelle unha ollada aos vídeos.


Mencía
Gael

Sara
Uxía e Candela

Alba e Erik

Mestra Mara



Se queredes ver máis, aquí tedes a nova publicada polo concello de Ames.




jueves, 20 de junio de 2019

AS NOSAS INVESTIGACIÓNS NA PRENSA

A clase de 4º B recibiu esta semana a visita de Xulio Pardo, mestre da Universidade da Coruña, que ten traballado sobre o tema escollido polos nosos rapaces dentro do proxecto de centro: a relación entre a lenda arousana de "Mariña" con outras lendas europeas, do que vos falamos aquí fai uns días.
Unha maneira xenial de poñerlle final á actividade!

A Voz de Galicia tamén estivo alí para documentar o momento do encontro. Picade na imaxe para ler a nova.