Mostrando entradas con la etiqueta actividades das aulas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividades das aulas. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de junio de 2021

MAQUETAS DA PREHISTORIA EN 4º A

 O alumnado de 4º A estivo aprendendo moitas cousas sobre a prehistoria e fixo diferentes traballos en PowerPoint, cartolina e estas fantásticas maquetas!












Agardamos que vos gusten moito, foi un traballo moi interesante e aprenderon moito sobre os nosos antepasados.

Grazas por compartilas con nós!


miércoles, 26 de mayo de 2021

3º A, 4º C E XELA ARIAS

As aulas de 3º A e 4º C, presentáronse a un concurso de podcasts sobre Xela Arias.

Querédelo escoitar? Aquí volo deixamos!



lunes, 19 de abril de 2021

15 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DA ARTE

Premede na imaxe e mirade que artistas temos en 5º de primaria...


A arte é, sobre todo, un estado da alma.
                                                                       Pablo Picasso

Moitas grazas a todos os participantes!

 

martes, 23 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA EN 5º DE PRIMARIA


O profesorado de 5º convocou o
1º Certame Ilustrado "Rosalía de Castro".
 
O alumnado reflectiu a través de fotografías propias o significado da poesía rosaliana.
O venres coñeceremos aos gañadores. Estade atentas e atentos.
 
Velaí o resultado! Menudos ARTISTAS!!
 
 


lunes, 1 de febrero de 2021

O TEU CAMIÑAR

Velaquí algo máis en relación co Día da Paz, creado polo alumnado de 4º B .




miércoles, 27 de enero de 2021

XUNTOS POLA PAZ


A data vaise achegando, e máis traballiños imos presentando!

Mirade aquí esta fantástica canción do alumnado de 3º e 4º.



 

martes, 26 de enero de 2021

PENSAMENTOS DE PAZ


O alumnado de valores de 6º E reflexionou moito sobre

o Día da Paz.

Agardamos que vos guste o vídeo que prepararon!


Música: Aida Saco
Texto: alumnos/as de valores de 6º E
Montaxe: mestra Rocío


lunes, 2 de noviembre de 2020

MONSTROS CONTRA O COVID!

Os rapaces de 3º A loitan contra o Covid con estas recomendacións que nos deron no día de Halloween!!!

Están de medo!



martes, 26 de mayo de 2020

REVISTA PRIMAVERA DE 6º B


O alumnado de 6º B, elaborou esta revista dixital na que recolle o traballo que fixeron durante esta primavera diferente.
Botádelle unha ollada!


martes, 19 de mayo de 2020

RESISTIREMOS!


As titoras e os nenos e nenas de 3º, quérenvos transmitir ánimo e deséxanvos moita saúde con estes vídeos que fixeron desde as súas casas.

Que os desfrutedes moito!




lunes, 18 de mayo de 2020

MÁIS SOBRE AS LETRAS GALEGAS


O alumnado do 3º nivel quere homenaxear a Ricardo Carvalho Calero con estes fantásticos traballos.
Premede na imaxe para velos.



Ademais, as mestras de 3º, prepararon este divertido xogo no que podedes participar todos!



E para rematar por hoxe, deixámosvos este fermoso conto do autor homenaxeado: "As pitas baixo a chuvia".



martes, 12 de mayo de 2020

ESCAPE ROOM DAS LETRAS: CARVALHO CALERO


Desde a clase de 6º B, traemos este xogo sobre a vida e a obra do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Seredes quen de superar todas as probas e resolver os misterios?

Antes de comezar, lede aquí algo de información que vos axudará.




miércoles, 29 de abril de 2020

SABOROSAS RECEITAS


6º B comparte aquí este receitario que elaboraron entre todos.

Quen se anima a preparar algún dos seus pratos?
Teñen unha pinta estupenda.

Grazas, rapaces!










lunes, 9 de marzo de 2020

AGORA CAIO!


Ben certo é que na tele hai programas cos que se aprende moito.
E se non que llelo pregunten aos rapaces de 6º B, que fixeron na clase unha adaptación do concurso "Ahora caigo", na que eles mesmos elaboraron as preguntas e logo llas plantexaron aos compañeiros.

Foi unha experiencia do máis proveitosa que contribuiu ao desenvolvemento de capacidades diversas, como a capacidade de expresar opinións e conceptos, de dialogar cos compañeiros para chegar a un acordo, de falar en público, de traballar en equipo para lograr un obxectivo común... Todo iso sen esquecer que tamén repasaron contidos das diferentes áreas.

Por se queredes ver algo da actividade, presentámosvos este vídeo resumo da mesma.






martes, 18 de febrero de 2020

MANDADO DO MECO PARA O MÉRCORES E OS ENTROIDOS DE GALICIA


A semana pasada os compañeiros de 4º D convidáronnos a ver no corredor a súa exposición sobre os entroidos de Galicia, e ademais, tamén a quixeron presentar aquí, podédela ver máis abaixo do mandado do Meco. 
Estupendo traballo, rapaces!






Aquí está o gran mural que compuxeron coa investigación de cada un, e logo, podedes ver cada traballo de maneira individual. Picando sobre as imaxes, podedes ver os vídeos que elaboraron.







       






        










lunes, 10 de febrero de 2020

viernes, 31 de enero de 2020

A PAZ NO COLE


Como  sabemos, onte celebrouse o Día da Paz, e aínda que tratamos de fomentala decotío, estes días dedicóuselle un pouco máis de atención.

Poucos recunchos quedaron no cole nos que non se fixese referencia a este valor tan importante.



Enorme como o noso desexo de paz, quedou o mural no que todos estamos presentes dalgún xeito.




Na biblioteca, preparáronnos esta escolma de libros que agardamos que vos gusten.


E en cada aula, realizáronse diversas actividades. Nesta de 4º D, cadaquén escolleu unha palabra que lle evocase a paz, para xuntos construír con elas un muro simbólico e estar sempre protexidos.
Aquí temos ao alumnado con Noemí, a mestra en prácticas que os vai acompañar durante unha tempada.



jueves, 28 de noviembre de 2019

MULLERES DEPORTISTAS


Xa temos por aquí unha mostra do traballo en relación con noso proxecto deste ano: Mulleres na historia.

É este fantástico vídeo sobre mulleres deportistas elaborado pola clase de 3º B.

Premede na imaxe e non quededes sen velo!




lunes, 18 de noviembre de 2019

QUE ANDAN A FACER EN 6º B?

Na clase de 6º B estiveron a buscar información sobre distintos temas, e despois de investigar, seleccionar a información e organizala, algunhas compañeiras quixeron compartir o resultado do seu traballo, e aquí o temos!

Comezamos coas imaxes deste traballo de Xiana:



Se queredes ampliar a información con enlaces que Xiana incluíu na última páxina, deixámosvolos aquí:
https://www.piratasdenabia.com/parque-nacional-das-illas-atlanticas/

https://www.miteco.gob.es/es/red-parques-nacionales/nuestros-parques/islas-atlanticas/valores-naturales/valores-naturales-entorno.aspx



A continuación, unha presentación elaborada por Nerea:




Non é certo que fixeron un traballo estupendo?

Grazas, rapazas!



viernes, 13 de septiembre de 2019

BENVIDOS AO NOVO CURSO!


Botou a andar o curso 2019/2020!

Dámosvos a benvida a todos, e especialmente ao novo alumnado e profesorado que se acaba de incorporar.

Facémolo con este vídeo elaborado ao final do pasado curso por 4º A.
Premede na imaxe para velo.