jueves, 27 de abril de 2017

CONCERTO DAS DÉCADAS

Os días 27 e 28, as docentes especialistas en educación musical Blanca Represas e Lucía Casas deleitáronnos cun concerto no que viaxamos a través do tempo escoitando pezas clave da música das diferentes décadas como poden ser "Hijo de la Luna" ou "Dos gardenias para ti".

Foi unha experiencia única na que non só puidemos gozar das súa música tamén cantamos, batemos palmas, bailamos e coñecemos diferentes estilos musicais e instrumentos que se utilizaban nas distintas décadas.



Nas fotografías podemos ver ao alumnado de 2ªA  e 2º C nese momento tan divertido. Dende aquí, queremos agradecerlles o ben que nolo fixeron pasar.


Deixámosvos as presentacións da música que interpretaron.

1º e 2º nivel
3º e 4º nivel
5º e 6º nivel