A semana das Letras Galegas foi única no CEP de Ventín, non só puidemos coñecer un pouco máis a vida e a obra de Carlos Casares, se non que celebramos os maios.
Aquí vos deixamos a cantarela deste ano elaborada polo alumnado do centro.
Aquí vos deixamos a cantarela deste ano elaborada polo alumnado do centro.
CANTARELA DO MAIO
Os rapaces de Ventín
imos celebrar os Maios,
conservando tradicións
dos nosos
antepasados.
(Retrouso)
Cantamos todos xuntos?
Cantamos si señor!
Celebramos o Maio
Con moita ilusión.
Con moita ilusión.
Con moita ilusión.
Cantamos todos xuntos?
Cantamos si señor!
Xa está chegando o Maio,
xa está chegando aquí,
non deixedes
de cantalo,
non deixedes de
aplaudir.
(Retrouso)
Aí ven o Maio florido,
chega ao cole de Ventín,
para alegrar aos nenos,
coas flores dos
seus xardíns!
(Retrouso)
Nos Maios aquí en Ventín,
poderás ti descubrir,
moitos bailes e cancións
para disfrutar e
rir.
(Retrouso)
O Maio chegou coas flores,
e máis con Carlos Casares,
as letriñas van bailando,
mentres facemos
cantares.
(Retrouso)
O maio no Milladoiro,
ten pampillos e máis flores.
Cando os nenos van cantando
brillan todas esas
cores.A continuación podedes ver tamén, un anaquiño da celebración.