jueves, 26 de octubre de 2017

RECURSOS PARA O 4º NIVEL

Os compañeiros de 4º están feitos uns campeóns no emprego das novas tecnoloxías, e queren compartir con todos nós estes recursos.
Aquí podemos repasar e aprender un pouco de todo: matemáticas, linguas, ciencias naturais...
Desfrutade aprendendo!

miércoles, 25 de octubre de 2017

XII FESTIVAL DE MAXIA DE AMES. MAXIA NO COLE


Esta fin de semana celebrarase, na Casa da Cultura do Milladoiro, o XII Festival de Maxia de Ames. Podes picar na imaxe para ver a información.



Con este motivo, tiveron lugar unha vez máis, no CEP de Ventín, varias sesións de maxia dirixidas a todo o alumnado. Foi unha mañá do máis divertida na compaña do mago Pedro Bugarín.



En breve teredes aquí dispoñibles as fotos do evento.


lunes, 23 de octubre de 2017

BIENVENUS AU COURS DE FRANÇAIS


Hoxe traémosvos unha nova estupenda! E é que este curso, deron comezo no noso cole as...

clases de francés!

Os rapaces de 6º, son os afortunados de disfrutar destas clases da man da profe Mariola, que ademais de ensinarlles a lingua, lles mostrará diversos aspectos da cultura dos nosos veciños os franceses.

Aquí tedes algunhas das cousiñas que xa fostes aprendendo por se as queredes repasar.




Comment ça va?



Je m'appelle Ratounet.


Como estes rapaces non paran de aprender, logo estaremos de volta con máis cousas. Ata pronto!


jueves, 19 de octubre de 2017

MÁIS DO "SAMAGOSTO"

Queres participar nas actividades propostas no noso cole para o "Samagosto"?
Entón bótalle unha ollada ao seguinte, podes participar nas que che apeteza.

Agardamos que te divirtas!



lunes, 16 de octubre de 2017

O RAP DO MAGOSTO

Xa queda menos para a chegada do "Samagosto", e tal como vos dixeramos, aquí estamos con algo máis para celebralo.

Presentámosvos O RAP DO MAGOSTO, incluído no libro "Brinca Vai!" de Paco Nogueiras. 

Cantarémolo todos xuntos antes de degustar as saborosas castañas. Anímaste a ir practicando?


domingo, 8 de octubre de 2017

Para desfrutar do Samaín

Ola a todos!

Fai pouco que comezamos este curso 2017/2018 e xa están as primeiras celebracións á volta da esquina: Samaín e Magosto, para nós  o "Samagosto".

Deixámosvos aquí unhas cantas ideas para o Samaín: vídeos explicación sobre a súa orixe, actividades de inglés, francés, cancións...

 En breve, voltaremos con algo máis sobre o Magosto.

Aprendede moito e pasádeo ben!