domingo, 12 de noviembre de 2017

PEREGRINOS POR UNHA MAÑÁ

Hai xa uns días que os nenos e nenas de 3º saíron do colexio para percorrer un tramo do camiño de Santiago, concretamente, do camiño de Fisterra.

A nosa andaina comezou en Augapesada, ata onde fomos en autobús. Vimos o Rego de Pasos, pasamos por Mar de Ovellas, polo Monte Escolar, no lugar de Carballo, e dende alí puidemos continuar ata o fermoso lugar de Ponte Maceira.

Foi un camiño con paradas para escoitar contos, coñecer feitos históricos do lugar, cantar, aprender cousas sobre os peregrinos, sobre a toponimia da zona, sobre a natureza... En definitiva, unha saída moi ben aproveitada.