Seica chegou un extraterrestre á Terra!
Ou polo menos, eso pasou na fantástica historia que inventastes entre todos os nenos do cole para o libro viaxeiro do Día da Paz.
Chámase Meikpis, vén do planeta Pazatodos e aquí nos deixa o resultado do voso traballo.
Que ben saen as cousas cando se fan en colaboración!
Por certo, Meikpis deixou unha mensaxe para os seus amigos humanos.
O problema é que estivo pouco tempo na Terra, e non chegou a aprender ben as nosas normas de ortografía.
Axudádelle entre todos os da clase: revisade esta notiña que lles deixou, e escribide abaixo as palabras que teñen faltas de ortografía, correxidas.