viernes, 31 de enero de 2020

A PAZ NO COLE


Como  sabemos, onte celebrouse o Día da Paz, e aínda que tratamos de fomentala decotío, estes días dedicóuselle un pouco máis de atención.

Poucos recunchos quedaron no cole nos que non se fixese referencia a este valor tan importante.



Enorme como o noso desexo de paz, quedou o mural no que todos estamos presentes dalgún xeito.




Na biblioteca, preparáronnos esta escolma de libros que agardamos que vos gusten.


E en cada aula, realizáronse diversas actividades. Nesta de 4º D, cadaquén escolleu unha palabra que lle evocase a paz, para xuntos construír con elas un muro simbólico e estar sempre protexidos.
Aquí temos ao alumnado con Noemí, a mestra en prácticas que os vai acompañar durante unha tempada.