jueves, 26 de noviembre de 2020

PARABÉNS PARA 6º E!

Moitísimos parabéns para a clase de 6º E 

polo 2º premio de 

LEMAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO,

convocado pola Xunta de Galicia, co motivo do 25 de novembro, DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO, e que ganaron co seu lema

"Se me controlas non me molas".

Lembrade que cada un de vós conta: Xiana, Yeilli, Aarón C, Ariadna, Dai, Tiago, Iker, Aitana, Sonia, Aarón M, Elías, Diego, Yago, Aroa, Brais, Iván, Xoel, Ramón e Ainhoa.


Logo de traballar varias semanas con diferentes lemas, tiñan claro o que querían significar. Expresaron que o máis iportante para eles é o tema do "control" e xogaron con esa palabra e coa "mirilla" dunha porta que representa esa mirada constante á que están sometidas as mulleres que sofren violencia de xénero.

Desbotaron outros lemas por ser moi longos e xogaron coa linguaxe para rematar collendo unha palabra que rimase, que non fose moi longa e que representase a súa idade. Tras votación democrática, elexiron "mola".

Agora tocaba darlle a ese lema “Se me controlas non me molas” , un sentido cunha imaxe que axudase a identificar máis o significado. Para relacionalo co tema do control, elexiron o ollo que, ademais, incrementa a sensación de control porque é a mirilla da porta por onde a muller se sinte observada, xulgada etc.; e a porta para representar algo infranqueable, que non pode nin debe acontecer, que non debe abrirse. E velaquí o resultado!