viernes, 15 de enero de 2021

O NOSO LEMA POLA PAZ 2021

Unha vez máis, conmemoramos o Día da Paz que está próximo a chegar, creando un lema que manifeste o noso desexo de paz no mundo enteiro.

Esta semana, estiveron en marcha todas as cabeciñas para idear os lemas máis representativos da nosa ansia de paz.

Coma sempre, todos son xeniais, pero imos escoller un contando coa opinión de todo o cole.

Aquí temos tres seleccionados, agora toca que cada clase vote polo que máis lle gusta.

Lembrade que é un voto por aula, e adiante!