ALBERTO CORBACHO TAMÉN ACTIVA O MODO GALEGO
O famoso xogador profesional de baloncesto Alberto Corbacho tamén se activa con nós no modo galego. Mirade que saúdo nos manda!
Se queres ver un vídeo coas súas mellores xogadas preme aquí.
ENTREVISTA DE ADRIÁN AOS SEUS AVÓS 4ºC
Adrián de 4º C preparou unha bonita entrevista aos seus avós. Non deixedes de escoitala:
NEOFALANTE EN 3º D
Os nenos e nenas de 3º D prepararon este magnífico avatar para resumir todas as actividades que realizaron no proxecto "Modo Galego, Actívao".
NEOFALANTE DE 2º C
Fixádevos que mensaxes lles deixou este neofalante aos nenos e nenas de 2º C.
POESÍA GALEGA MUNDIAL EN 6º A
Durante esta semana os alumnos e alumnas de 6º A estiveron a facer as súas adaptacións ao galego de poemas escritos noutros idiomas. Aquí tedes unha boa mostra dalgunhas das súas creacións. Bravo!!
NEOFALANTES EN 5º C
Como colofón ao proxecto "Modo Galego, Actívao" os nenos e nenas de 5º C estiveron a crear os seus avatares de neofalantes do galego. Non perdades este vídeo resumo dalgúns deles, sen dúbida os seus motivos merecen a pena... Ata veu falarnos un xabarín!
ADAPTACIÓNS POESÍA FRANCESA AO GALEGO
As nenas e nenos de 3 B fixeron 5 adaptacións diferentes da poesía francesa “Une histoire à suivre”. Velaquí os froitos do seu traballo:
LA BELLA LAVANDERINA
Mirade que bonita adaptación ao galego fixeron os nenos e nenas de 3º D da melodía italiana "La bella lavanderina".
POESÍA MUNDIAL EN GALEGO
As nenas e nenos de 3º B preséntannos a súas adaptacións dun poema francés ao galego. Tamén nos explican como foi o seu proceso creativo. Canta arte! Parabéns!
Poesía de Roi, Ainhoa e Diana
NEOFALANTES DE 2º D
AS/OS NOVAS/OS FALANTES DO GALEGO EN 5º C
AS/OS DE 5º C SEGUEN CO SEU COMPROMISO
En 5º C continuamos co #modogalegoactívao e polas reflexións non queren que quede en só 21 días! Ademais quedaron abraiados coa posición do galego entre as linguas mundiais, aprenderon o que é unha interlingua e “fliparon” ao decatarse que a entendían e descobriron palabras noutros idiomas grazas ao galego! 💪🏽