Tras o éxito obtido o pasado curso co programa "Modo Galego, Actívao" voltamos este ano a participar nesta interesante proposta.
Para os máis despistados vos recordamos que este proxecto de investigación - acción deseñado pola Real Academia Galega en colaboración co Concello de Ames e os centros educativos do mesmo, trata de dinamizar a lingua galega entre as novas xeracións propoñendo diversas actividades que promovan a lingua do país. O elemento central da proposta é a realización dun Acordo de Compromiso Lingüśitico que tratará de fomentar o uso da lingua galega tanto nos contextos escolares coma extraescolares (familiares, extraescolares e de conciliación) durante 21 días.
O programa comezou no día de onte (13 de maio) e abranguerá ata o vindeiro 2 de xuño. Para máis información vos remitimos á páxina oficial do mesmo:
Alí poderedes seguir a evolución da proposta mediante os post diarios do blog así como tamén a través da análise das diversas actividades semanais propostas.
Para fnalizar vos deixamos algunhas imaxes dos Acordos de Compromiso Lingüísiticos asinados no día de onte polos nosos/as cativos/as.
Serán quen de cumprilos? Recibirán os premios pactados?
Agardamos que así sexa!
Moita forza e a activar o Modo Galego!
1º A
1ºB
1ºC
1ºD
2ºA
2ºC
3ºA
3ºC
3ºD
4ºA
4ºB
4ºD
5ºB