Como veredes a rapazada de Ventín segue moi activada co galego. Velaquí unha mostra das actividades que estamos a realizar nesta primeira semana de inmersión lingüística. Agardemos que sexan do voso agrado!
ÓLIVER E BENJI (3º D)
Aquí vos deixamos coa fermosa voz de KIlian cantando esta famosa canción dos debuxos animados.
Noraboa!
NUNCA CHOVEU... (3ºD)
Malak explícanos de forma moi clara o significado deste refrán popular. Escoitade...
GAIVOTAS Á TERRA... (3º D)
Daniel (3º D) explícanos marabillosamente este refrán popular.
REFRÁNS EN 2º D
Os nenos e nenas de 2º D tamén andiveron a activar o Modo Galego. Para mostra... o seguinte vídeo onde nos ensinan algúns dos refráns e ditos populares que estiveron a traballar.
Noraboa polo seu traballo!
HAIKUS EN 1º B
Qué ben traballan estes cativos de 1º B. Ollade que fermoso vídeo de Haikus nos fixeron para conmemorar as Letras Galegas.
REFRÁNS EN 5º A
A rapazada de 5º A tamén anda ben activada nisto do "Modo Galego" ollade que traballos máis interesantes fixeron sobre os refráns e os ditos populares.
Manuel
Noa
Sabela
Adrián
Olivia
HAIKUS EN 4º D
Os nenos e nenas de 4º D estiveron ben activados no Modo Galego traballando os Haikus creados por Luísa Villata. Velaquí unha mostra do seu traballo; agardamos que vos guste!
COMO SE DIVERTÍAN OS NOSOS AVÓS?
Dores (5º B) presnéntanos un audio moi interesante onde a súa avoa nos conta como se divertía cando era nova. Non vos perdades o que nos conta!
HAIKUS EN 1º D
Seguindo o exemplo de Luísa Villalta, os nenos e nenas de 1º D estiveron a traballar toda a semna na creación destes fermosísimos Haikus. Vaia poetas e poetisas temos na escola!
REFRÁNS POPULARES EN 1º C
As nenas e nenos de 1º C tamén estiveron a activar o Modo Galego durante toda a semana. Ollade que interesante traballo fixeron sobre os Refráns Populares.
REFRÁNS EN 2º C
Presentamos unha pequena mostra dos refráns traballados polos nenos e nenas de 2º C durante esta primeira semana de Modo Galego Actívao. Agardamos que sexan do voso agrado!
PALABRAS QUE NOS ENCANTAN EN GALEGO
6º D
Tócalle agora ao maiores da escola que nos presnetan as súas palabras favoritas en galego. A ver que vos parecen a vós!
DITOS POPULARES 2º E
A clase de 2º E preséntanos o seu traballo sobre os ditos populares. Agardamos que vos gusten e aprendades moitas cousas sobre os noso maiores...
Lembrade activar o Modo Galego!
OS REFRÁNS DOS NOSOS AVÓS E DAS NOSAS AVOAS 2º B
Tócalle agora activarse co galego á clase de 2º B. Neste caso tamén decidiron traballar cos refráns dos avós e das avoas. Ollade que ben os teñen aprendidos...
TRABALLOS DE 2º A
Os cativos e cativas de 2º A estiveron a traballar o refraneiro popular galego. Mirade cantas cousas aprenderon...
DITOS E REFRÁNS EN 3º D
A rapazada de 3º D segue activada co Modo GAlego! Esta semana estiveron a traballar os ditos en refráns dos nosos avós e avoas. Mirade que vídeo máis interesante fixeron
Na mesma clase, Antía tamén nos presenta algúns dos refráns populares máis coñecidos...
MÚSICA EN 3º D
As Deixamos aquí a adaptación ao galego que fixo Julia (3º D) sobre unha melodía en castelán. Noraboa polo teu traballo!o
COMPROMETIDOS CO GALEGO 6º D
As rapazas e rapaces de 6º D tamén se comprometeron firmemente co "Modo Galego, Actívao". Velaquí unha pequena mostra gráfica do seu compromiso
REFRANEIRO POPULAR GALEGO 4º B
Na clase de 4º B comezamos o "Modo Galego, Actívao" traballando o refraneiro popular galego coa axuda dos nosos avós e avoas. Velaquí unha pequena mostra do noso traballo.
Agardamos que vos guste!
"AMODIÑO" 4º B
Vaia marcha teñen os de 4º B! Esta semana estiveron a refacer a letra da canción "Despacito" para converrtela ao "Modo Galego" co seu "Amodiño".
Esperamos disfrutes da súa creación!. Vaia artistas!